MACENDO E A VIRXE DE FÁTIMA

http://macendo.blogspot.es/img/fatima005.jpg http://macendo.blogspot.es/img/fatima006.jpg 

Como fai cincuenta anos que foi inagurado o Santuario da Virxe de Fátima, no barrio do Couto de Ourense, os veciños e os curas deste Santuario decidiron dedicarlle un ano especial para celebrar dita efemérides

 http://macendo.blogspot.es/img/fatima002.jpg

Cada día do mes de maio, unha virxe da Provincia faría a visita acompañada dos seus fieis. O día seis foi dedicado a comarca do Ribeiro, asistindo xentes procedentes de varias parroquias, pero os que levaron a iniciativa  de tódolos actos foron os veciños da Parroquia de Macendo.

 http://macendo.blogspot.es/img/fatima003.jpg

A Virxe que estivo presente neste día foi a Nosa Sra. da Asunción, levada en andas por catro mulleres moi preparadas, as lecturas, ofrendas e outros actos da misa, tamén foi obra dos de Macendo. Ata a Virxe quedou alí acompañando a de Fátima durante algúns días.

 

Tamén hai que recoñecer, que boa parte da organización dos actos foi debida o esforzo dun «armadanzas» de Covelas, que lle chaman Xosé Antonio

 

Para os católicos foi un día de ledicia.

 

LUIS DE ALBÍN.