Os veciños de Ramirás celebraron como tódolos anos as festas na honra da Virxe das Mercedes. Foron máis longas que nunca, pois duraron nada menos que catro días.
O día 24 tiveron a actuación do recoñecido grupo «Entre amigos», que xa ven tocando en boa parte das festas dos pobos da parroquia.
O día 25, cea de tódolos veciños e invitados, baixo unha grande carpa que ocupaba boa parte do campo da festa, acompañado de un trio musical.
O día 26, misa e procesión, acompañada da banda de Ramirás con tódolos seus compoñentes, polo que tiveron dificultade, pois ocupaban tódala capilla. Tamén tiveron verbena.
O día 27 remataron as festas con unha grande orquestra.
Vaia a felecitación para a comisión de festas. Contamos con eles para as festas da parroquia no vindeiro ano 2010.
Para mais información sobre Ramiras, ver neste blog o título UN POUCO SOBRE O POBO DE RAMIRAS, con data 19/04/09
LUIS DE Albín.