CANDIDATURA DO BLOQUE

O pasado sábado día 30, tivo lugar a presentación `para as eleccións municipais, da candidatura polo Partido Socialista. Non poiden asistir, para dedicarlle unhas liñas neste  blog, o cal sinto, tendo en conta tamén que se presenta para alcalde Oscar, un bo veciño da Parroquia de Macendo. Estamos a disposición.

 

http://macendo.blogspot.es/img/eleccions001.jpeg 

 

O que acudín, o domingo pola tarde, foi a presentación  da candidatura por parte de BNG, nun local escollido con acerto, o Centro Social en Vide, posiblemente o obra máis considerada por parte dos veciños do Concello. A asistencia de público foi numerosa.

 

O deputado Suarez Canal, foi o primeiro en tomar a palabra, dedicando boa parte do tempo, a facer crítica do actual Goberno da Xunta: as eólicas, o mundo rural, a sanidade, o paro…

 

Tomou a palabra a continuación o alcalde Xurxo, o cal foi dertallando os logros do Concello nos últimos anos: actividades sociais e culturais, club naútico, inversións, centro social e outras.  A intención e conquerir nestas eleccións a maioría absoluta.

 

http://macendo.blogspot.es/img/eleccions002.jpeg 

 

Por último presentou os compoñentes da súa candidatura, na que por certo hai tres mulleres da Parroquia de Macendo. A cousa rematou cuns «pinchos».

 

Dentro das promesas está a de constriur unha nova CARRETERA PARA MACENDO…»xa que nesta parroquia vive unha tereceira parte da poboación do concello»… Os «inxenieiros», xa teñen feito o trazado: Troncoso, Freás, a Cancela, Souto de Macendo, Albín, Casardeita… Cartelle

 

Un saúdo

LUIS DE ALBÏN.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

47 − 40 =