ELECCIONS O CONCELLO DE CASTRELO.

Para o día 22, está sinalada esta data, para que os veciños de Castrelo de Miño, depositen as papeletas, có fin de elexir á nova Corporación, formada por nove concelleiros, por un período de catro anos.

A disputa está centrada entre catro candidaturas:

Bloque Nacionalista Galego, encabezada polo actual alcalde Xurxo G. Méndez, veciño de Prado.

Partido Popular, polo veciño de Oleiros, Alexandre Marínez Sánchez

O Partido Socialista por Oscar Martínez de Fondodevila,

E o Partido dos Independentes.

 

http://macendo.blogspot.es/img/eleccions003.jpeg 

 

TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PP DE CASTRELO, NESTA REVISTA Nº 4 DAS NXCASTRELO.

 

A disputa pola alcaldía parece centrarse en dous partidos, o BNG -aspiran a conquerir a maioría absoluta-, e o PP, que aspira a reconquistar a alcaldía, despois de habela tido moitos anos.

 

A campaña electoral está superando, con moito, en intensidade, con respecto a convocatorias anteriores. Carteles de tódolos partidos enchen postes e paredes dos pobos da parroquia. A entrega de falletos e visitas ós veciños faise máis veces que nunca.

 

http://macendo.blogspot.es/img/eleccions006.jpeg 

 

O PARAUGAS É POR SI CHOVEN OS VOTOS.

 

Os mitíns non paran, que eu saiba, van tres polo BNG, dous polo PSOE, un polo PP, que trae toda a «artillería».

O BNG, anuncia unha festa-despedida de campaña.

 

http://macendo.blogspot.es/img/eleccions005.jpeg 

 MITIN DO BNG, NO CAMPO DA FESTA DE MACENDO

 

Polos comentarios dos veciños, con quen eu falo, as concellerías poderían distribuirse da seguinte maneira:

BNG 3-4, PP 3, PSOE 1-2, ICM 0-1.

 

QUE GAÑEN OS QUE NOS GOBERNEN MELLOR.

 

http://macendo.blogspot.es/img/eleccions004.jpeg 

 

AS AVOAS DE MACENDO

 

Quen non deben faltar a depositar o voto, son as mulleres da Parroquia -non sei si hai algún home-, que pasan dos cen anos ¡E QUE CUMPRAN MOITOS MÁIS¡. Saladina López Gómez, veciña de Ramiras, e Josefina Méndez Alberte, veciña de San Pedro.

 

LUIS DE ALBÍN.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

28 − = 22