AS PASADAS ELECCIÓNS
O resultado na parroquia de Macendo foi así:
BNG 190 votos, PP 136, PSOE 48 e ICM 13
No Concello
Partido -votos-concelleiros-porcentaxe
BNG: 746-5-52,03%
PP: 379-2-26,84%
ICM: 143-1-10,13%
PSOE: 138-1-9,87%.
Con estes resultados, o BNG consigue 5 concelleiros de un total de 9, maioría absoluta, podendo levar a bo fin os proxectos, sen ter que contar cos partidos da oposición.
Estes resultados débense: o bo goberno durante a lexislatura pasada, bo plantexamento da campaña electoral -os callos estaban quentiños-, pero tamén a que os partidos do PP e o PSOE, contan con xente nova, que está renovando as estructuras dos mesmos e por tanto non estan consolidados.
Parece, como si unha grande vasoira pasara polas organizacións destes Partidos, varrendo das organizacións tódolos vellos afiliados e simpatizantes que formaron durante anos as listas electorales.
Os de agora -de tódolos partidos- son, en boa parte, xente nova, filos de emigrantes en Europa e América, que viviron a ruína das colleitas polo granizo, o peche do río Miño polo embalse, socios da Bodega Cooperativa, na que a colleita tarde se cobraba.
Son unha nova xeración de mocedade con estudios: informáticos, administrativos, veterinarios, avogados, farmacéutifos, empresarios, diplomados…, que non necesariamente viven o longo do ano en Castrelo.
O goberno do BNG, ten a obriga de escoitalos a todos, pois todos son veciños de Castrelo.
LUIS DE ALBIN