Comezamos…

Benqueridos Cibernautas:

 

Este blog creouse coa pretensión de ser un punto de información e referencia para todos eses homes e mulleres interesados en saber sobre Macendo, situado no concello de Castrelo de Miño.

Moitas desas persoas manteñen vínculos de unión con esta parroquia ouresana; trátase de xente, nunha grande parte, que non reside en Galicia (ás veces, ate nin dentro de España) e que, aínda así, tenlle un forte apego á parroquia onde creceu.

Como cura contra a saudade e como un intento de achegar información de interese, presentamos o noso blog, agardando que cumpra as expectativas de aqueles que nos len nestes momentos.

Estamos abertos a calquera tipo de suxerencia que se queira facer: podedes deixar comentarios na mesma páxina ou ben enviar un correo electrónico a chicholopezf@yahoo.es.

Desexando que este proxecto marche cara adiante, aproveitamos para vos desexar un feliz comezo de ano 2009.

 

Un saúdo.

http://macendo.blogspot.es/img/Igrexadaparroquia.jpg

 

Pinchade aquí se queredes escoitar unha típica canción galega, «Ahí ven o Maio», de Luis Emilio Batallán. 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

63 − = 60