VIVA MACENDO

Benqueridos amigos de Macendo:

 

Hai que poñerse o día,hoxe en día o ordenador e o internet, e o que se leva. Hai que saber combinar o de antes co que ven agora.

E como a parroquia de Macendo, debe saír en Internet, falei coa miña sobriña e afillada Beatriz que estudia en Santiago e vai para periodista, que ademais domina moi ben estas cousas, para que fixese un blog, un sitio donde todos poidesen ler e escribir, si é o caso, de tódolo que acontece na parroquia, de todalas opinións que se queiran poñer, sempre que vaia debaixo o nome de quen as escribe.

Pódese poñer, polo caso, das asociacións, festas, noticias do concello, e noticias particulares.

Non explico máis, pois o meu cuñado, o home da Pilar, que se lle da pola escritura, xa se me adiantou e fixo a presentación deste BLOG.

 

Si tedes algunha dúbida e eu podo solucionala, ou para outra cousa calquera, podédesme escribir o meu correo chicholopezf@yahoo.es.

 

En saúdo a todos e todas e sorte.
  

LUIS DE ALBÍN, entende tamén polo «PROFESOR».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

28 + = 32