ASOCIACIÓNS EN MACENDO

DESDE ALBÍN, CAPITAL DE MACENDO, ESCRIBE «O PROFESOR».

 

Din que en Macendo cada un anda polo seu lado, pero iso non é certo, e proba disto é o grande número de Asociacións que aquí existen.

 

Empecemos pola ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MACENDO, cuxo presidente e o Xaime das Bouzas. Leva funcionado máis ou menos un ano. Ten numerosos proxectos, un deles xa o levou a cabo a I FESTA DO XARRETE E DO XARROTE, que tivo lugar no campo do Canadeiro, coincidindo coas festas de Agosto.

 

Outra é a ASOCIACIÓN DE MULLERES RURALES, cuxa presidenta é a Pura de Meizo. Fan moitas excursións, paparotas e outras actividades culturais.

 

Outra é a IRMANDADE DE ÁNIMAS, moi antiga, ten máis de cincocentos anos, o presidente é Luis de San Pedro. Os fondos son para pagar os gastos de enterros e funerais dos socios e tamén contribúen aos gastos da igrexa e ate compran de cando en vez terras para aparcamento e disfrute dos veciños.

 

Hai pobos da parroquia que teñen a súa asociación, que eu me lembre son os das Bouzas, Fondo de Vila, Albín e Ramiras. Ademais doutras actividades, o deporte que practican sobre todo, para non diferenciarse dos demáis, é o da «paparota».

 

A das BOUZAS, a máis antiga, ten local propio na entrada das Bouzas; o presidente e Xaime . A de FONDO DE VILA ten como presidente da mesma a Manolo o taxista, non ten de momento local propio, e está un pouco esmorecida, temos que axudalle a que se poña de pé.

 

Da de ALBÍN, o presidente é o que escribe. A de RAMIRÁS, a última posta en funcionamento, que ten como presidente a Manolo «o Mecánico», arranxaron a que foi casa-escola do pobo con materiais modernos. Din que ten moitas cousas: sistema moderno de calefacción, cafetería, sala de baile, SPA, e ata din que «interpretan o Miño».

 

Hai tamén «Sociedades de montes de man común» nos pobos, que eu recorde, de Covelas, Tallón, Ramiras, non sei si chegaron a un acordo os de Señorín, e están facéndoa os veciños de Albín. A intención é sacarlle beneficio aos montes e conquerir subvencións para os mesmos.

 

Por último quedan as «Peñas» con dous fins principais «papar» e «poñerse ricos». Para eso fan as comidas, ceas merendas e todo o que se poña diante e cubren quinielas de futbol, primitivas ou do que sexa. Teñen uns bons presidentes, serios e responsables, que os poñen os socios a línea cando fai falta. A máis antiga e a do «CUCO», que está situada no bar do Manolo, ten por presidente a Manolo o «guardia civil», a do ADÁN, esta situada no bar no mesmo nome, ten por presidente a Emilio de Souto, o «constructor». Din que temén no bar do Manolo hai a «Peña dos novos», da cal non teño noticia.

 

E por último hai que dicir que os veciños das BOUZAS están xuntando as terras para facer unha grande SOCIEDADE, para que estan rentúan, pois tal como están, e polo camiño que levan ían quedar totalmente abandonadas. Desexámoslle todo a acerto do mundo.

 

E aínda que hai algún que outro atravesado, non se pode decir que os veciños de Macendo non se levan ben. ¡¡Que non veñan a estropealo os políticos¡¡.

 

Un saúdo: LUIS.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

45 + = 52