INVERSIÓNS E AXUDAS

Escribe «O Profesor» dende Albín, capital de Macendo:

 

Aprobouse no pleno  deste Concello de Castrelo fai uns días, os proxectos do Fondo estatal de inversión local, é decir, o diñeiro que invirte o actual goberno socialista de Madrid nos Concellos de España, para rebaixar a crisis.

A parroquia de Macendo correspondelle a cantidade de 52.441 €, para mellora do entorno dos arredores da zona do cruceiro. Esta obra parecía que estaba aprobada xa fai máis de un ano, con subvención do Medio Rural.

Digo esto porque os de Albín, e supoño que algúns máis, esperabamos unha pequena axuda para arranxar a xeitosa aira que alí hai. Outra vez será.

 

No DIARIO OFICIAL DE GALICIA do 16 de decembro dí que poden solicitarse «axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais de man común». A data de presentación de documentación remata o día 30 de xaneiro si non lin mal.

 

Por outro lado si entrades en WWW.AGALEGA.INFO, do día 10 de novembro, veredes unha reportaxe sobre as Bouzas no que falan Jaime e Estrella.

 

NOTA: A ver si vos animades algún ou algunha a escribir algo, ou mandar unha foto, ou outra cousa.

 

Un saúdo: LUIS DE ALBÍN.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

62 − 55 =