ZONA MONUMENTAL DE MACENDO
DESDE ALBÍN, CAPITAL DE MACENDO ESCRIBE «O PROFESOR»:
Comezo hoxe coa sesión fotográfica, colgando tres fotografías:
– A primeira é unha vista da zona de arredores da igrexa, de hai uns vinte anos. O cruceiro vese no fondo moi pequeno.
– A segunda é do alpendre, tamén recobe o nome de pendello, visto desde a carretera, antes da restauración feita, moi ben por certo, polo Paco de Ramiras.
– A terceira é tamén unha vista do entorno da igrexa, pero de hai poucos anos.
Nestes días están en obras nesta zona, parece que vai quedar ben según me dixo Xurxo o alcalde, pois o chan non vai quedar de asfalto, como din algúns, senón de pedra.
Outros días seguirei con máis fotografías e comentarios e noticias.
O que queirades poñer aquí sexa o que sexa, sempre que sexa con respeto, podédelo mandarmo a chicholopezf@yahoo.es; así como as dúbidas de calquera tipo que teñades, como a forma de metelas aquí.
Se queredes facer comentarios, ao final desta entrada, pinchade onde pon «comentarios» e escribide aí.
Todo isto é de balde e non hai política por medio.
Un saúdo: LUIS DE ALBÍN