OUTRO PREMIO PARA JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ

DESDE ALBÍN, CAPITAL DE MACENDO, ESCRIBE «O PROFESOR»:

 

Temos a honra os membros da Asociación de veciños «A Moreira de Albín», de que un dos nosos socios reciba outro premio, neste intre «O morogo», non só polos méritos que ten -moitos por certo, senón pola súa maneira de ser aberta e desprendida.

José María Pérez Álvarez, «Chesi», que non da feito a recoller títulos, premios, diplomas ademais de outras cousas, ben merece que se lle levante unha estatua no centro desa obra que se está facendo hoxe diante da igrexa parroquial, sen garabata, como anda él sempre.

De tódalas maneiras, se isto non pode ser de momento, pois non hai presuposto, tentamos invitalo, se facemos unha comida na Asociación polo entroido, a un bo cocido regado con un bo viño, pois para estas cousas non acostuma a ser moi rogado.

 

LUIS DE ALBÍN

La Voz de Galicia, 11/02/2009

http://macendo.blogspot.es/img/chesi.jpg 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 + 3 =