OBRA ENTRE TANATORIO E IGREXA

Desde Albín, capital de Macendo, escribe «O profesor»

Estamos en obras en Macendo, por un lado a importante obra de concentración de parcelas no pobo das Bouzas, do que escribirei cando teña fotografías, do arranxo das fonte das Ramíras e algunha máis.

Hoxe toca o espazo comprendido entre a igrexa, o tanatorio, o cruceiro e máis o alpendre. Estase facendo unha bonita «avenida» con unha grande beirarua polo medio, na que se instalaron unhas farolas baixas, a ámbolos lados subida habera rúas para subida e baixada de vehículos, tamén haberá amplia zona de aparcamentos.

O alpendre e os arredores da entrada o adro, teñen xa o chan cuberto con pedra «vella», tamén queda moi ben.

O cruceiro decidiuse que quedaba mellor onde está sin movelo de sitio, tendo en conta a tradición de lugar de cruce de camiños.

Frente a entrada do tanatorio colocouse unha oliveira, que é o símbolo da inmortalidade da alma. Debérase de colocar tamén un alcipreste que simboliza a morte eterna xa que todos vamos para alá.

Hay que agradecer á IRMADADE que cos seus pequenos fondos foron mercando pouco a pouco as viñas lindantes ata ter o espacio amplo de que dispomos hoxe. Parece que aínda teñen intención de mercar duas viñas máis.

 

Está importante obra, non lle quitan merecemento os pequenos fallos, que se poden solucionar:

As luces que están no chan do adro, o estar baixas enchense de lixo, hai que protexelas.

Un cano desagüa directamente a beirarua dende o adro da igrexa, preto do alpendre, debe de ser soterrado.

As farolas que están situadas na beirarrua central, están postas no medio, esto faise costoso pasar, as personas que necestan ir acompañadas por motivo de saúde, e o mismo os carriños de nenos ou de maiores. Deberían de estar nunha ladeira.

 

Un saúdo: LUIS DE ALBÍN

 

http://macendo.blogspot.es/img/obras5.jpeg 

http://macendo.blogspot.es/img/obras3.jpeg

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − 11 =