CORAL

Luis escribe hoxe desde Ourense.


A Coral «As Lagoas-Portovello», está formada por un grupo de mulleres e homes que buscan na música unha diversión, por iso préstanse voluntarios para participar desinteresadamente alí donde os chaman: festas, misas, centros culturais. Así teñen paseado unha boa parte da provincia de Ourense. Levan consigo un amplo repertorio de música sacra e popular, tanto en galego como en castelán.


A intención para escribir isto non é facer propaganda da mesma, senón para dar a entender que na parroquia de Macendo pódese montar unha coral, que nos axude a concellería de cultura e que poñamos nós algo da nosa parte.


A ver si é posible co tempo.


Van a continuación unhas fotografías da Coral, nunha das cales está «rañando» un laúd un coñecido en Albín. Nunha «FOTO» vai unha atuación e nas outras durante os ensaios.

 

UN SAÚDO :   LUIS DE ALBÍN.


 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

75 − 74 =