FESTAS E INAGURACIÓN EN ALBÍN.

  

 O pasado sábado día 13, celebramos con grande solemnidade as festas  en honra do noso patrono San Antón de Padua, en Albín.

 

 Os actos deron comezo pola mañá, tocando a alborda a banda de música «Entre amigos» polas rúas do pobo.

A unha tivo lugar a novena a San Antón na capela dedicada o mesmo, logo procesión, e a continuación a Santa Misa na Aira acompañada da dita banda de música, e con asistencia de numerosos fieis.

 

http://macendo.blogspot.es/img/albin001.jpeg 

 

 Rematada a misa tódolos presentes desplazaronse ata a casa da «Asociacion de veciños de Albín», situada no centro do pobo, para facer a inaguración oficial da mesma. Foi un acto moi emotivo, os dous nenos que viven no pobo, levaron nunha cestiña unhas tesoiras, cás que o alcalde do concello de Castrelo de Miño e o Presidente da Asociación cortaron unha cinta cos cores da bandeira galega, mentras a banda de música entonaba música popular. Logo os presentes visitaron a casa onde se montou unha pequena exposición de fotografías e obxectos antigos.

 

http://macendo.blogspot.es/img/albin002.jpeg 

 

http://macendo.blogspot.es/img/albin003.jpeg

http://macendo.blogspot.es/img/albin006.jpeg 

 

 

As tres, con un bo apetito deu comezo o xantar a base de polvo e carne o caldeiro para máis de 240 persoas, pois cos veciños xuntáronse uns por ser  familiares, outros porque viviran de nenos no pobo, e os demais por amigos.

 

http://macendo.blogspot.es/img/albin004.jpeg 

 

 

O longo a tarde a Banda foinos deleitando con música popular «en vivo e directo», mentras nos descansos os do «fondo» xogaban o «tute cabrón», un dos músicos explicaba o que eran os bemoles e os sostidos, outros falabamos da necesidade da Concentración parcelaria, e tamén unha «linda» moza arxentina, que estaba invitada, dábanos a proba da bebida enxebre da súa terra «la hierba mate».

 

As once da noite, algúns menos, cenamos algo máis lixeiro. Para rematar e ata a unha da mañá a banda de «Entre amigos», volveu a tocar a vez que a acompañabamos os presentes, cos nosos cánticos e bailes.

 

Foi un día e unha noite inesquecibles para todos e de agradecemento  para os que traballaron na organización dos actos.

 

http://macendo.blogspot.es/img/albin005.jpeg 

 

VISTA EXTERIOR DA «CASA DA ASOCIACIÓN»

http://macendo.blogspot.es/img/albin007.jpeg 

 

VISTA INTERIOR DA CASA DA ASOCIACIÓN

 

LUIS DE ALBÍN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

42 + = 47