DISTANCIAS PARA AS COLMEAS

 O DIARIO OFICIAL DE GALICIA, Nº con26, do martes, 30 de xuño de 2009, da información moi completa sobre explotación de colmeas.

 

http://macendo.blogspot.es/img/abellas01.jpeg 

 

Eiquí só me pararei a copiar o artigo 8º.- Condicións dos asentamentos  apícolas das explotación de autoconsumo (non copio as que están como empresa)

 

1.Os asentamentos apícolas das explotacións de autoconsumo, entendido estas como as utilizadas para a obtención de productos das colmeas con destino exclusivo ao consumo familiar, sen que o número máximo de colmeas supere as 15, deberan respectar as seguintes distancias mínimas con respecto a:

 

a) Establecementos colectivos de carácter público e núcleos de poboación: 400 metros.

 

b) Vivendas rurais habitadas, incluídas ou non en núcleos rurais: 50 metros. Para o cálculo desta distancia conserararanse tamén como vivenda as instalacións contiguas a ela: construccións, instalacións de lecer (pistas deportivas, piscinas…) e terreos contiguos cultivados para autoconsuma (hortas, invernadoiros…) nos cales a presenza humana sexa frecuente.

 

c) Instalacións pecuarias: 50 metros. Para o cálculo desta distancia considerarase a nave, cortello ou alpendre en que se manteñan habitualmente os animais.

 

d) Autoestradas, autovias, corredores e vías rápidas: 100 metros medidos desde as arestas exteriores da explanación.

 

e) Estradas convencionais de titularidade estatal, restantes estradas autonómicas ou provinciais previstas na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia: 50 metros medidos desde as arestas exteriores da explanación.

 

f) Estradas locais e camiños veciñais: 25 m.

 

g) Pistas forestais: as colmeas poderán instalarse nas beiras sen obstruír o paso.

 

Para o cálculo de distancias nos asentamentos apícolas das explotacións de autoconsumo non se terá en conta a vivenda e instalacións pecuarias do propio apicultor

 

A normativa faise moito máis longa, polo que se queredes saber todo, ide o Concello, ou outro lugar -pode se tamén por internet- para que vos deixen lelo.

 

http://macendo.blogspot.es/img/abellas02.jpeg 

 

Así que ollo coas picaduras, pois pode haber reclamacións.

 

LUIS DE ALBÍN.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

60 + = 70