FESTAS NA PARROQUIA DE MACENDO

http://macendo.blogspot.es/img/virxeeroque.jpeg 

 

 A parroquia de Santa María de Macendo, celebrou un ano máis as festas na honra da Virxe da Asunción e de San Roque. Este ano a organización das mesmas levouna a cabo a «Asociación de veciños de Macendo», xa que os poucos que hai en Vilela, a quen lle tocaba a quenda, éralle moin díficil levaba a cabo.


http://macendo.blogspot.es/img/programafestas.jpeg

 

   O presuposto aproximado foi de trinta mil euros para tres días de festa. O día 14 tivo lugar a «II Cea do xarrete e xerrote»,  a actuación dunha charanga e un grupo musical.

 

http://macendo.blogspot.es/img/procesion.jpeg 

 

 O sábado día 15, misa solemne, procesión ata o cruceiro, sesión vermú, sesión de fogo, e pola noite actuación de dúas orquestras. O domingo día 16, misa en honra de San Roque. Unha charanga e un grupo musical puxeron fin as festas.

 

http://macendo.blogspot.es/img/orquestra.jpeg 

 

Anteriormente e o longo de nove días foise celebrando a novena a Virxe, con numerosa asistencia de fieis.


Durante o mes de agosto, e sobretodo os días de festa, notouse un aumento de xente na parroquia con respecto a outros anos, e moita xente nova que deu ledicia o ambiente.

 

LUIS DE ALBÍN

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

− 1 = 3