SEMANA SANTA EN MACENDO

   Na igrexa parroquial celebráronse os actos da Semana Santa, tal como acontece tódolos anos.

http://macendo.blogspot.es/img/ssanto006.jpeg 

 

O Domingo de Ramos tivo lugar a misa solemne, durante a cal foron bendecidos os ramos dos asistentes.

 

O xoves houbo misa pola tarde, facendo lembranza da Ultima Cena.

 

O Venres, tamén pola tarde, houbo outra Misa, esta para lembrar a Paixón. Non se celebrou o Vía Crucis debido o mal tempo, pero si a Adoración da Cruz, pois foi presentada os fieis para que a bicasen.

http://macendo.blogspot.es/img/ssanto008.jpeg 

 

O Sábado á noitiña, á  porta da igrexa queimáronse vides, aproveitouse esta para encher o incensario, e tamén para acender o Cirio Pascual, e a sua vez con este as velas dos asistentes. Na igrexa, xa de noite, só alumeada por estas velas, tiveron lugar os actos liturxicos: misa, bendición da auga e outros.

 http://macendo.blogspot.es/img/ssanto003.jpeg

Rematados os actos, os asistentes volveron a casa coa vela e tamén coa auga bendita.

 

Co Domingo de Resurrección ou Domingo de Pascua, remataron os actos da Semana Santa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

7 + 3 =