FELIZ 2010

 Rematamos o 2009 e damos comenzo ó 2010. Noiteboa, Nadal, Fin de Ano, San Manuel, Reis. Son festas caseiras, ca familia, cos amigos, cos veciños.

http://macendo.blogspot.es/img/nadal001.jpeg 

 

BELEN

 

É tempo de inverno: choiva, neve, borralleira, frío… moito frío. Dias pequenos e noites grandes, que nunca acaban.

 

http://macendo.blogspot.es/img/nadal003.jpeg 

INVERNO EN ALBÍN

 

O pé do lume, ou da calefacción, cómese, bébese e cántanse. Os cantos dos reis é unha tradición que se vai perdendo. Teño copiadas algunhas cancións das que se cantaban antes, daréillas a tódolos que queiran cantalas, haber si para o ano nos animamos. Vai unha cántiga.

 

http://macendo.blogspot.es/img/nadal002.jpeg 

PANEL LUMINOSO COLOCADO POLO CONCELLO.

 

CON UN SOMBREIRO DE PALLA

 

Con un sombreiro de palla, un galego a Belen foi,

Mentras adoraba ó neno, coméulle o sombreiro o boi,

 

Deixádeos pastores, deixádeos pasar,

Que van cantar os reis, a Xesús no portal

 

San Xosé e máis María, van camiñando a Belén,

van cantando panxoliñas, cantémolas nós tamén,

 

Deixádeos pastores…

 

Nunhas pallas deitadiño, i en coiriños alí está,

Sendo o rei deste mundo, e Señor de canto hai.

 

Deixádeos pastores…

 

Con un sombreiro de palla…

 

NOTA: O Concello está organizando unhas actividades para estes días, información na páxina Web.

 

LUIS  DE  ALBIN

 

 

 

Copyright © 2026 macendo.es | Todos los derechos reservados