NN XX de Castrelo a VENDIMAR

    NOTA: como estou con programas novos, que aínda non domino ben, teredes que mover as fotografías a dereita ou esquerda para velas completas.     Inda que con data do mes de xaneiro, as Novas Xeracións de Castrelo de Miño, deron a coñecer o número 3 do seu órgano de comunicación, unha publicación […]

VOLVEMOS

VOLVEMOS.   DESPOIS DE MAS DE UN MES VOLVEMOS A CONTINUAR CON INFOERMACIÓN, COMENTARIOS E «FOTOS» DA PARROQUIA.   As causas desta paradiña foron varias:   GAS NATURAL – UNIÓN PENOSA (pois dá pena), queimou o meu equipo informàtico con un «golpe de electricidade», reclama o «maestro armero». Tiven que mercar un novo «portatil», novos […]

"SOLAINA MINEI"

No xornal «La Región» de Ourense do pasado día 31, no engadido de páxinas, co título de «Ecoagro», dedica unha delas á «finca comunitaria» do pobo das Bouzas, que pola súa importancia coido que debo poñela enteira. Tamén ven a opinión de Jaime Méndez,a alma da Asociación, pois sin el, a mesma non sería posible.     […]

O RALLIE DE OURENSE

   O pasado sábado, día 19, tivemos a ledicia de ver pasar os bólidos, tronando a toda marcha, pola parroquia de Macendo, onde as carreteiras faltaranlle moitas cousas, pero curvas ten de abondo.       Houbo dúas «pasadas», a primeira sobre as dez e a segunda sobre a unha da mediodía. Gozamos con emoción […]

FESTAS DE SAN ANTONIO EN ALBÍN

  Pídenme con urxencia que escriba sobre a Festa de Albín, e que meta neste artigo moitas fotografías. Non debo cargar este de moitas, porei as que estean mais de acordo co texto. Houbo moitos fotógrafos por alí, así que volas poden ceder.       Coa lectura do programa, tedes información de tódolos actos […]

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MACENDO

      Con asistencia de pouco máis de vinte socios, celebrou asemblea a «Asociación de veciños socio-cultural de Macendo», na que se trataron varios temas, que tratarei de resumir.   Comenza o Sr. Presidente invitando os asistentes a varias conferencias, ás que está invitada a Asociación.   Sen lerse a acta da sesión anterior, o […]

FEIRA EN CASTRELO DE MIÑO

Facía xa oitenta anos que desaparecera a feira de Castrelo.   XA non lle queda case nada O Concello decidiu recuperala, e para elo acordou o celebrala o último domingo de cada mes, mesturando o de antes co de agora. Xa non hai vacas, nin porcos, nin miilo, paseos de mozos e mozas pola tardiña, […]

P. X. de ORDENACIÓN MUNICIPAL

        Aínda que con pouco tempo para dar a conocer , o Concello publica na páxina Web o   Bando 20/2010. Presentación do PXOM en Macendo.   A presentación na Parroquia terá lugar mañá, martes día 11, as 19:30 no centro Social de Macendo. Explicaranse as partes máis importantes so seu desenvolvemento e […]

O "PERMITE", PELEXAS E O "CONACHÓN"

Na festa de Porqueirós, Había un lio de moito sandiós, Eles a pedras, nós a terróns, As pedras facían pin, os terróns pof, Mecago en sos.   CANTIGA POPULAR.   Fai algún tempo, estabamos un domingo pola tarde, no bar do Adán, falando das cousas que pasaban nos tempos do caldil, do farol e do […]

FESTAS NAS BOUZAS

    Con gran asistencia de público, celebraron os veciños das Bouzas, a Festa de San Antón e a 8ª Festa da Rosquilla.   O día 10, pola mañá, tiveron misa solemne e procesión. Pola noite cea, a base de fabas e xamón cocido e como prostre rosquillas. Todo acompañado de charanga e orquestra.   […]